Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Estado recoñece o labor do Intecmar designándoo oficialmente como laboratorio nacional de referencia de biotoxinas mariñas
O centro dependente da Consellería do Mar e a Aesan asinaron un convenio de colaboración nos últimos días no que se materializa esta designación e os mecanismos de coordinación entre ambas entidades neste ámbito
Galicia reivindica o seu papel protagonista na aposta pola economía azul en Europa e deseñará unha estratexia para seguir sendo punteira neste eido
A Xunta salienta a importancia de aproveitar as oportunidades que ofrece o mar nunha comunidade na que 64 das 81 ramas da súa economía teñen que ver co ámbito marítimo-pesqueiro e que poden contribuír a impulsar a recuperación trala pandemia
A Xunta investiu 190.000 euros no reforzo do firme da estrada autonómica LU-109, en Monforte de Lemos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renovou o pavimento nos 3,5 quilómetros de lonxitude da vía e agora estase a completar o repintado da sinalización horizontal
Galicia mostra as oportunidades que ofrece o mar para dinamizar as zonas costeiras apostando pola economía azul
O Museo do Mar de Galicia acolle o próximo mércores a xornada Todas as oportunidades do mar: avanzando na economía azul co obxectivo de difundir as liñas de traballo xeradas en Galicia neste eido e promover o debate sobre elas no marco da Conferencia sobre o futuro de Europa
Galicia e Portugal estreitan lazos e intercambian experiencias para reforzar o control de moluscos bivalvos
Rosa Quintana destacou o sistema galego de control de moluscos bivalvos desenvolvido polo Intecmar, que é o laboratorio nacional de referencia no control de biotoxinas mariñas no marco dun convenio de colaboración coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición e un referente internacional na materia
Galicia avanza nos traballos para deseñar o novo Plan da industria conserveira de produtos do mar co fin de reforzar a súa competitividade
Rosa Quintana sinalou que o fin deste tipo de xuntanzas é ir da man con Anfaco-Cecopesca e facer partícipe a todos os axentes do sector cos que se analizarán retos e distintos aspectos que inflúen na evolución da actividade
A Xunta licita por preto de 350.000 euros as obras de urbanización da contorna dos departamentos do peirao de Ortigueira
O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro martes 7 de decembro
Galicia defende que á hora de fixar as posibilidades de pesca se teña en conta a realidade da frota galega
Mercedes Rodríguez destacou a necesidade de que a obriga de desembarque de capturas de pesca que establece a Política Pesqueira Común non impida o desenvolvemento da actividade pesqueira
A Xunta pon o Business2Sea como exemplo de colaboración transfronteiriza para desenvolver intereses comúns na economía do mar entre Galicia e o norte de Portugal
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración dun evento que se celebra por primeira vez en Vigo de forma presencial
A Xunta enxalza o medio século de traballo da base de salvamento da Cruz Vermella na Coruña e a súa contribución ao rescate de persoas no mar en Galicia
O Executivo galego destinou desde 2009 preto de medio millón de euros á colaboración coa Cruz Vermella en actuacións de busca e rescate no ámbito marítimo