Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

04/09/21 | 14:30

A Xunta anima á modernización e empoderamento das mulleres do mar no encontro de redeiras en Ribadeo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Ribadeo (Lugo) na convivencia de mulleres redeiras de Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco organizada pola Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

03/09/21 | 13:05

Susana López Abella e Luis López visitan o `Espazo Concilia´ de Poio, que beneficia a 30 familias este verán

A secretaria xeral da Igualdade e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacan que o Goberno galego colaborou este ano coas accións municipais de conciliación estival con case 1,5 millóns de euros

01/09/21 | 13:55

A exposición 'As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia' pode visitarse en Lugo desde mañá ata o 29 de setembro

A mostra organizada pola Xunta de Galicia é unha homenaxe ás mulleres galegas que abriron camiño nos eidos do xornalismo e da comunicación desde Galicia e outras partes do mundo

14/08/21 | 08:43

A inspección laboral acada a transformación en indefinidos de 8.920 contratos temporais e o aumento da xornada laboral de 1.276 traballadores

A Consellería de Emprego e Igualdade informa dos resultados dos últimos plans de choque de loita contra a fraude na contratación temporal e o uso irregular da contratación a tempo parcial

12/08/21 | 19:42

A Xunta avoga en Portomarín por un marco lexislativo que regule e impulse a igualdade laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na localidade lucense, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no VI Encontro Xacobeo Peregrinas

12/08/21 | 09:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia cinco proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

Contan cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros e un período de execución de dous anos, a desenvolver polas universidades galegas en solitario ou en colaboración con outros grupos de investigación

09/08/21 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social aumenta nun 15%, ata os 53.000 euros, o convenio con EAPN-Galicia para facer fronte á pobreza e á exclusión social

O convenio recolle entre os seus obxectivos a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais, así como facilitar o intercambio de información entre entidades para mellorar a atención ás persoas máis vulnerables

05/08/21 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e as entidades xestoras do programa de protección internacional en Galicia manteñen unha xuntanza para analizar a situación actual dos seus beneficiarios

Esta reunión enmárcase nos encontros que periodicamente se veñen realizando entre a dirección xeral de Inclusión Social e as entidades que xestionan o programa en Galicia

05/08/21 | 09:55

A Xunta convoca axudas para apoiar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero en entidades sen ánimo de lucro cun orzamento de 600.000€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este programa de apoios que se poderá solicitar desde mañá e ata o próximo 6 de setembro