Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

16/07/21 | 17:34

A Xunta remata en Cerdedo-Cotobade a rehabilitación dunha decena de antigas vivendas de mestres que se destinarán a alugueiro social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investiu un millón de euros na recuperación, que se completou esta mesma semana cos oito inmobles que restaban, ao estar dous deles xa en disposición dos seus adxudicatarios

16/07/21 | 13:12

Medio Ambiente estudará colaborar co Incio na construción dunha ruta polo embalse de Vilasouto

Ángeles Vázquez comprometeuse a enviar o proxecto á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que analice a súa viabilidade e defina o mellor mecanismos de colaboración

16/07/21 | 12:39

A Xunta avanza na ampliación da EDAR de Vilagarcía de Arousa que finaliza a súa tramitación ambiental

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remitiu o informe de impacto ambiental, no que se indica que non se esperan efectos significativos

16/07/21 | 12:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2M€ á empresa Betanzos HB para contribuír á súa aposta pola sustentabilidade e a economía verde a través da instalación dunha caldeira de biomasa

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a compañía de transformación forestal

15/07/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a rehabilitación de cinco inmobles concedendo 1,2 M€ en préstamos sen xuros a tres concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que grazas ao Fondo de Cooperación se reforman edificios para servizos públicos en Barreiros, Outeiro de Rei e Mondoñedo

15/07/21 | 12:05

Medio Ambiente e a Federación Galega de Caza colaboran na divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade

A cooperación enmárcase no desexo de potenciar e difundir a protección da fauna e do medio natural, así como do seu aproveitamento sustentable, á vez que se resaltan os valores medioambientais

15/07/21 | 11:33

Ángeles Vázquez felicita ao Concello de Castro de Rei por reactivar a concesión de licencias urbanísticas grazas á aprobación do seu Plan Xeral

Trasládalle, ademais, o compromiso da súa Consellería para buscar solucións que permitan protexer os valores do seu casco histórico

15/07/21 | 10:41

A Xunta estudará colaborar co Concello de Beariz para avanzar na integración paisaxística do núcleo de Alvite

O departamento autonómico ultima unha nova orde de axudas dirixida a entidades locais para mellorar as contornas de núcleos de poboación, zonas rurais e naturais

14/07/21 | 12:52

Unha delegación do Goberno rexional de Murcia visita o complexo medioambiental de Sogama como referente na xestión circular dos residuos

Os representantes da Consellería de Auga, Agricultura, Gandería, Pesca e Medio Ambiente interesáronse polo funcionamento do epicentro da actividade industrial de Sogama, modelo dwe referencia dun 94% dos concellos galegos