Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A campaña de información e sensibilización 'Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual' recala hoxe en A Rúa
A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades
A Xunta pon en valor o traballo das mulleres rurais galegas e a súa capacidade para emprender e facer fronte ás dificultades
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe por videoconferencia na presentación das xornadas ‘Construíndo un futuro sustentable no medio rural’, que organiza a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur)
A Xunta colabora cos colexios profesionais na prevención do acoso sexual no lugar de traballo que afecta sobre todo ás mulleres
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe unha xornada formativa por videoconferencia do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia dentro da campaña de prevención do acoso sexual no traballo
A Xunta expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante a morte dunha muller no concello de Gondomar
O Goberno galego recorda que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono da muller 900 400 273 ou o 016, gratuíto e confidencial
A Xunta defende o valor do rol feminino no mar e a educación en igualdade na ensinanza dos oficios marítimo-pesqueiros
Rosa Quintana puxo a ‘Bravas do mar’ como exemplo de iniciativa de formación integral que contribúe a configurar a realidade das mulleres e dos homes do mar cando están embarcados, nas descargas no porto ou nas poxas
A Xunta leva ata Riós a campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual
A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades
A Xunta apoia a corresponsabilidade no coidado de fillos e fillas coa concesión de 235 axudas a homes e familias monoparentais
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas que impulsan a corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar co traballo ao apoiar reducións da xornada para o coidado dos fillos e fillas menores de 3 anos
A Xunta presenta un procedemento de detección precoz de casos de violencia de xénero desde o ámbito sanitario
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo que este procedemento será implantado ao longo do vindeiro ano en todos os centros sanitarios da rede do Sergas
Emprego e Igualdade incrementa nun 32% o orzamento de 2021 con 355 millóns de euros para acadar unha Galicia con máis oportunidades laborais, máis igualitaria e sostible
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe no Parlamento para explicar as contas do próximo ano que teñen como principal reto facer fronte aos efectos da pandemia con programas para manter o emprego, crear traballo en igualdade de oportunidades e loitar contra a violencia de xénero
A Xunta remarca que Galicia é a única comunidade que concede axudas periódicas ás vítimas da violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, compareceu hoxe ante a Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego para presentar o Informe anual 2019 de violencia de xénero en Galicia