Biografía da conselleira

Biografía da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña

Marta Villaverde Acuña, conselleira do Mar

Naceu en Vilaboa (Pontevedra) en 1975. Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, desde o 2006.

Traballou ata novembro de 2012 como inspectora veterinaria de Saúde Pública nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. Foi subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar e, desde abril de 2024, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional vinculada ao sector primario galego, tanto no sector do mar como no medio rural, ocupando traballos vinculados como facultativa veterinaria entre o 2001 e o 2006 e como xefa da área de Seguridade Alimentaria de 2014 a 2016. Tamén desempeñou labores de Inspección Pesqueira no Servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia desde finais de 2012 ata abril de 2014.