A Presidencia
-
A Presidencia
- Biografía do presidente
- Contacte co presidente
- O presidente no Estatuto de Autonomía
- Conferencias e discursos do presidente
- Consellos do Goberno Galego
- Estrutura da Presidencia
- Transparencia e goberno aberto - A Presidencia
- Datos fiscais e patrimoniais do presidente
- Perfil do contratante
- Secretaría Xeral de Medios
Obxectivos
A Secretaría Xeral de Medios é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia encargado de executar a política xeral da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación e audiovisuais, e correspóndelle o exercicio das funcións seguintes:
- A divulgación da acción institucional da Xunta de Galicia e da Presidencia.
- A xestión das competencias da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación social, comunicación audiovisual, así como o exercicio das recollidas no artigo 34 e no artigo 27, número 31, no que se refire á publicidade, ambos os dous do Estatuto de autonomía de Galicia.
- A coordinación da política de imaxe e dos contidos da publicidade institucional da Xunta de Galicia, dirixindo e coordinando as actividades que neste sentido se leven a cabo en todos os sectores e medios de comunicación social.
- A coordinación da transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada na política de imaxe e dos contidos da publicidade institucional da Xunta de Galicia.
- A proposición e o desenvolvemento da normativa referente a comunicación social e a publicidade.
- A elaboración, coordinación e seguimento relativo ao manual e normas sobre a identificación corporativa da Xunta de Galicia.
- O estudo, a preparación e a tramitación de cantas actuacións lle correspondan á Xunta de Galicia para o desenvolvemento e efectividade das previsións do artigo 34 do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación coa radio, televisión e medios de comunicación social.
- A realización de estudos e, se é o caso, a súa coordinación sobre materias relativas a todos os sectores da información e medios de comunicación en xeral.
- As competencias de supervisión, control e protección activa para garantir o cumprimento do previsto na lexislación básica en materia de comunicación audiovisual e, se é o caso, a potestade sancionadora en relación cos servizos de comunicación audiovisual cuxo ámbito de cobertura, calquera que sexa o medio de transmisión empregado, non supere os límites territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A dotación de infraestruturas no ámbito da comunicación.
- A implantación de redes propias de comunicación audiovisual radiofónica e televisiva para a prestación de servizos que sexan competencia da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido na Lei 13/2022, do 7 de xullo, xeral de comunicación audiovisual.
- A dirección e coordinación das actuacións en materia de comunicación audiovisual e multimedia e todos os aspectos que deriven da aplicación destas tecnoloxías no ámbito da comunicación.
- As funcións recollidas nas disposicións adicionais deste decreto.
Para o cumprimento das súas funcións, a Secretaría Xeral de Medios conta coa Dirección Xeral de Comunicación e coas subdireccións xerais de Xestión e Coordinación de Medios; Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia e coa de Réxime Xurídico.