A Xunta pon de relevo o apoio á fundación Juan XXIII en Pontevedra para a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade

Pontevedra, 21 de agosto de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe en Pontevedra a Fundación Juan XXIII co gallo de coñecer o seu labor en colaboración coa Xunta a prol da empregabilidade das persoas con discapacidade. En concreto, o Goberno autonómico apoia a entidade na consolidación do seu Centro Especial de Emprego (CEE), entre outras achegas.

Na visita, a directora xeral puido coñecer os progresos no marco deste CEE activo desde 1988, que busca empregar ás persoas con máis necesidades de apoio e que vén recibindo axudas da Xunta nos últimos anos para o seu mantemento, para a creación ou ampliación do seu cadro de persoal, para a súa unidade de apoio á actividade profesional ou para un programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/08/2024