A Xunta amosa o seu apoio aos doentes de ELA nunha xuntanza coa Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica
A Coruña, 2 de outubro de 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo esta mañá a unha reunión coa xunta directiva da Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agalea) para coñecer de preto o seu traballo e escoitar as súas demandas.
Antón Acevedo trasladou o compromiso do Executivo galego a seguir apoiando aos doentes de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e aos seus achegados no transcurso da enfermidade. Así mesmo, o director xeral lembrou que Galicia é a primeira comunidade en outorgar axudas económicas directas aos afectados.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 02/10/2024