O presidente da Xunta participou en Madrid na ‘Fiesta de la España plural’

Rueda reivindica unha Galicia gobernada dende a reflexión e a moderación política

Destaca que a política galega está afastada dos extremismos e dos enfrontamentos, un rasgo que tamén caracteriza ao Goberno galego

Madrid, 11 de outubro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe unha Galicia cun goberno baseado na reflexión e a moderación política.

Rueda participou en Madrid no encontro Fiesta de la España plural, organizada por Prensa Ibérica, onde lembrou que a política galega está afastada dos extremismos e dos enfrontamentos continuos que tan característicos son da política contemporánea.

Ademais, o titular do Executivo autonómico sinalou que a presenza de galegos en todos os rincóns de España é algo a reivindicar.

Data de actualización: 11/10/2024