Lorenzana asiste ao 60 aniversario da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña

A Coruña, 19 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada pola delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e máis polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, asistiu hoxe ao acto de celebración do 60 aniversario da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña.

Lorenzana subliñou a necesaria aposta que vén facendo o sector pola formación e puxo como exemplo as tres empresas que foron premiadas por levar máis de corenta anos de traxectoria e de vinculación coa asociación: Ballestas del Noroeste (Sada), José Verde Leboráns (Bertamiráns) e Talleres San Bernardo (Noia).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2024