O presidente galego participou no acto de conmemoración do centenario de Fe Seguros

Rueda destaca a contribución das empresas na construción dunha Galicia líder e competitiva

Vigo, 18 de outubro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o importante papel e contribución das empresas na construción dunha Galicia que hoxe é líder e competitiva en moitos sectores.

Así o sinalou durante a súa participación no acto de conmemoración do centenario da empresa Fe Seguros, a quen felicitou pola súa longa traxectoria e polo seu compromiso coa sociedade e con Galicia.

Ademais, o titular do Executivo galego defendeu o labor que está desenvolvendo a Xunta para potenciar un tecido económico forte e competitivo. Entre outras iniciativas, citou o impulso da desburocratización, a axilización administrativa, as axudas ou o asesoramento personalizado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2024