A delegada territorial da Xunta en Ferrol asiste en Valdoviño a unha sesión de cociña mariñeira da man do chef Adrián Pérez
Valdoviño (A Coruña), 21 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde na sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño a unha sesión de cociña mariñeira da man do chef Adrián Pérez, do restaurante Sinxelo, de Ferrol.
A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto Ondas de Sabor: promoción do consumo de percebe e bivalvos de Valdoviño promovido polo Concello de Valdoviño a través do GALP A Mariña-Ortegal e que conta cunha achega autonómica de 63.778 euros da convocatoria do ano pasado.
Ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local de desenvolvemento pesqueiro (GALP) a Xunta aprobou este ano a través do GALP A Mariña-Ortegal un total de 9 proxectos nos municipios da zona que percibiron axudas por valor de máis de 487.000 euros.