A Consellería do Mar e percebeiros de Galicia poñen en valor os oficios mariñeiros, o aproveitamento sostible dos recursos e o emprendemento vinculado á economía azul
Malpica de Bergantiños (A Coruña), 28 de outubro de 2024
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou este luns na entrega de premios ATLANTICHUB 2024, promovidos pola Asociación de Percebeiros e Percebeiras de Galicia e cos que se pretende por en valor os oficios mariñeiros, o aproveitamento sostible dos recursos mariños e de emprendemento ao redor da economía azul. Para elo, a Consellería do Mar participou cunha subvención a través do Grupo de Desenvolvemento Local (GALP) Costa da Morte.
Esta iniciativa preséntase como un espazo físico/virtual para a posta en común, o intercambio, a conexión e a concentración de entidades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro da zona, como son confrarías, armadores, conserveiras, pescadores, mariscadores, os propios percebeiros, comercializadores, peixeiros, distribuidores, restauradores e consumidores. Trátase de unir sinerxias e de intercambiar opinións e experiencias para incentivar a investigación e a innovación na costa atlántica cara o que denominan o “horizonte 2030”.