A conselleira María M. Allegue mantén unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites

Santiago de Compostela,6 de novembro de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.

María M. Allegue destacou que foi unha reunión frutífera e imprescindible para fomentar a conectividade de Galicia e a competitividade económica a través das infraestruturas.

Na reunión, a conselleira e o presidente da CEG tamén abordaron os retos a afrontar en materia de vivenda na comunidade galega.

Nesta xuntanza coincidiron na importancia da coordinación entre as administracións públicas e o sector empresarial para sumar esforzos e acadar os obxectivos, neste caso, no ámbito das infraestruturas e a vivenda.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2024