A Xunta incorpora dez furgonetas para o persoal de conservación da rede autonómica de estradas

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024

O  secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Yago Borrajo Sánchez, supervisou a recepción de dez novas furgonetas, que serán empregadas polo persoal da consellería de xeito cotiá para realizar funcións de explotación e conservación de estradas, inspección, vixilancia, así como outras tarefas administrativas propias do ámbito da consellería.

A adquisición destes vehículos comporta un investimento total de 288.000 euros e supón unha continuación do esforzo que se está a realizar por este departamento dende o ano 2018 na modernización do seu parque móbil, en aras a evitar a súa obsolescencia e garantir a seguridade do persoal que os emprega, coa utilización de vehículos máis axeitados para unha correcta execución das súas tarefas e funcións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2024