Martina Aneiros recoñece o papel da sociedad artística ferrolana na promoción da arte durante a inauguración do 41º ‘Salón da Muller na Pintura’
2024-11-07
/documents/35297/1491625/SAF.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 7 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na Sala Curuxeiras na inauguración do 41º Salón da Muller na Pintura, unha exposición colectiva formada por máis dunha trintena de obras de diferentes artistas organizado pola Sociedad Artística Ferrolana (SAF).
Aneiros recoñeceu o papel da SAF na promoción da arte e “creación de espazos de intercambio de experiencias” e felicitou ás participantes pola “variedade de visións e estéticas” que achegan á mostra a través das súas obras. Ademais aproveitou a súa intervención para celebrar a creatividade feminina e “á muller como suxeito” dentro do mundo da arte.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 07/11/2024