A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participa na xornada ‘A ordenación do Territorio en Galicia: balance e retos’

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participa na xornada ‘A ordenación do Territorio en Galicia: balance e retos’.

Este coloquio, organizado polo Foro Económico de Galicia, celébrase durante o día de hoxe na sede do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en Santiago de Compostela, e conta coa intervención de recoñecidos profesionais dos eidos da arquitectura, da enxeñería, da universidade ou da administración.

A xornada, distribuída en catro mesas, xira en torno á  reflexión sobre as políticas en materia de ordenación do territorio na comunidade autónoma. No encontro, está a poñerse de manifesto a relevancia da planificación e da posta en valor do medio rural.

Encarnación Rivas, na súa intervención, ten subliñado a importancia da evolución lexislativa na comunidade autónoma nos últimos anos, tanto no ámbito urbanístico como a través da Lei 1/2021, de ordenación do territorio de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2024