Diego Calvo destaca no XXVI Trofeo Teresa Herrera de Judo o auxe deste deporte na comunidade grazas a novas promesas como Laura Vázquez

A Coruña, 17 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá ás probas e á entrega de premios do XXVI Trofeo Teresa Herrera de Judo que acolleu o polideportivo do Barrio das Flores da Coruña. A competición contou con judokas de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León co obxectivo de escoller aos vencedores deste sector oeste que se clasificaron para o Campionao de España absoluto. O responsable de Deportes da Xunta destacou o auxe do judo en Galicia e augurou un futuro prometedor a este deporte na comunidade grazas á figura de novas promesas como Laura Vázquez, que vén de proclamarse por segunda vez campioa de Europa sub23.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/11/2024