O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Avión para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal
2024-11-19
/documents/35297/1512091/191124+Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Avi%C3%B3n+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 19 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Avión, Antonio Montero, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, trasladoulle ao rexedor o compromiso do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 19/11/2024