O Consorcio Provincial Contraincendios de Pontevedra adquire tres novos vehículos

A Xunta e a Deputación de Pontevedra acordaron a adquisición deste equipamento destinado aos parques de bombeiros con sede no Porriño, Ribadumia e Bueu

O Porriño (Pontevedra), 19 de novembro de 2024

O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contraincendios e de Salvamento de Pontevedra, integrado e participado ao 50% pola Xunta e a Deputación, adquiriu tres novos vehículos que supuxeron un investimento total de máis de 140.000 euros. O novo equipamento vai destinado ao parque do Baixo Miño con sede no Porriño, ao do Salnés con base en Ribadumia e ao do Morrazo con sede en Bueu. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de entrega do material xunto co presidente da Deputación provincial de Pontevedra, Luis López.

Entre outras características técnicas, os novos vehículos contan con equipamento de emerxencias como ponte de sinalización prioritaria, amplificador de sirena, altofalante, e iluminación no  portón traseiro para dar servizo aos elementos que van no moble de traballo da parte traseira.

Pese a tratarse dunha competencia municipal, a Xunta asume a metade do gastos de funcionamento dos consorcios provinciais de bombeiros e tamén colabora na adquisición de material. Así o investimento previsto para o próximo ano nos consorcios provinciais da comunidade por parte do Goberno galego acada os 16,3 millóns de euros, 6,6 millóns máis que neste exercicio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/11/2024