O concello de Portas adquire un novo vehículo municipal grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta
O concello recibiu unha achega de 30.000 euros
En total, na área territorial de Pontevedra, 13 concellos se beneficiaron do Fondo
Portas (Pontevedra), 21 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Portas, que acaba de adquirir un novo vehículo da frota municipal grazas ao Fondo de Compensación Ambiental.
En total, o concello de Portas contou cunha achega de preto de 30.000 euros. Esta liña de axudas contou cun orzamento de máis de 400.000 euros na área territorial de Pontevedra dos que se beneficiaron 13 concellos.
Na comarca de Caldas, ademais de Portas, beneficiáronse do Fondo o concello de Valga e o de Caldas de Reis, ambos por valor de 30.000 euros.
O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor a importancia da coordinación entre institucións” e lembrou que son “os alcaldes e alcaldesas os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños”.