Ángeles Vázquez e o alcalde de Campo Lameiro reúnense para abordar cuestións en materia de saneamento

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo recentemente unha reunión co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, na que abordaron varias cuestións en materia de saneamento.

Segundo lle informou o rexedor á conselleira, sería preciso acometer a mellora do saneamento no núcleo de Fontenla. Ángeles Vázquez explicou que o persoal de Augas de Galicia avaliará o proxecto que presente o Concello de cara a avanzar no procedemento para mellorar os servizos que se prestan á veciñanza da contorna.

A conselleira incidiu en que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2024