A directora xeral de Urbanismo pon en valor o novo visor urbanístico de Poio como ferramenta para ofrecer información actualizada das parcelas catastrais

Poio (Pontevedra), 22 de novembro xullo de 2024

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe na presentación do Visor Urbanístico do concello pontevedrés de Poio, unha nova ferramenta de traballo para consultar a situación urbanística das parcelas catastrais.

Na súa intervención, Rivas resaltou a importancia de dispoñer de ferramentas como o Visor para ofrecer información urbanística actualizada e poñela á disposición de todos os axentes implicados neste eido, como arquitectos, promotores, empresarios, e tamén á cidadanía en xeral, “porque dar transparencia ao Urbanismo é básico para xerar confianza e seguridade xurídica, evitando suspicacias ante o descoñecemento en algo tan sensible como son as posibilidades edificatorias de calquera parcela”.

A presentación foi realizada polo alcalde, Ángel Moldes, nun almorzo que contou, ademais de coa asistencia da directora xeral de Urbanismo, con representantes das asociación de veciños de Poio, dos colexios profesionais de arquitectos e aparelladores, e de empresas e profesionais do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2024