Portos de Galicia tramita unha concesión en Viveiro para almacéns de maquinaria que permita reducir as partículas en suspensión dos minerais acopiados

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o inicio do trámite de información pública en virtude do cal todos os interesados poderán presentar alegacións durante un periodo de 20 días hábiles a partir de hoxe

Santiago, 26 de novembro de 2024

Portos de Galicia está a tramitar unha concesión administrativa no porto de Celeiro, no municipio coruñés de Viveiro, con destino á instalación de naves de almacén de maquinaria para o rego dos minerais que se acopian na explanada portuaria. Deste xeito preténdese reducir as partículas en suspensiós que proceden de ditos acopios a través da nebulización de auga.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o inicio do trámite de información pública da concesión para a ocupación de terreos en superficie e en altura. Tal como recolle o anuncio, aquelas persoas e entidades interesadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas durante os próximos vinte días hábiles, a partir de hoxe.

O obxecto desta ocupación será a ocupación coas naves para almacenar os medios mecánicos e auga necesarios para a posta en funcionamento duns sistemas de nebulización e rega de minerais na explanada portuaria, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario. Mediante estas obras o porto logrará reducir a contaminación ambiental de partículas de mineral xerada nas operacións de carga e descarga efectuadas nas instalacións.

A concesión en tramitación contempla un prazo de vinte anos de vixencia a favor da empresa, que leva operando no porto dende 1971. As naves ocuparán unha superficie de 358 metros cadrados, cun presuposto para as obras de case 190.000 € e un prazo de realización de 2 meses.

Data de actualización: 26/11/2024