O presidente da Xunta participou na gala de Nadal da entidade

Rueda felicita á Fundación Andrea polo seu traballo a favor dos nenos e nenas con enfermidades graves

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou hoxe á Fundación Andrea polo seu traballo a favor dos nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación na tradicional gala solidaria de Nadal que organiza esta entidade co obxectivo de recadar fondos cos que seguir axudando aos máis pequenos e ás súas familias.

O titular do Executivo galego agradeceu o labor de entidades sociais como esta Fundación, que chegan ata onde ás veces as administracións non poden, e reafirmou o compromiso do Goberno autonómico con seguir mellorando o sistema sanitario e de atención social, facéndoo máis humanizado e próximo.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 30/11/2024