Rueda agradece o labor de Antonio Bernal á fronte da Delegación de Defensa en Galicia
O presidente da Xunta mantivo un encontro co coronel, que deixará o seu cargo este mes despois de case seis anos de exercicio
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta semana co delegado de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín, que deixará o seu cargo este mes despois de case seis anos de exercicio.
Na xuntanza, Rueda agradeceu o labor desenvolvido por Bernal e a disposición á colaboración amosada en distintos asuntos de interese para a sociedade e o tecido empresarial galego.
No tempo no que desempeñou o seu cargo, o Ministerio de Defensa alcanzou diferentes acordos con institucións galegas, entre os que se atopan a cesión de parte dos terreos da Fábrica de Armas á Universidade da Coruña para a creación da Cidade das TIC ou o acordo coa Consellería de Educación para actuacións en materia de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas.