Rueda reúnese co presidente do Grupo Delta Vigo

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta tarde co presidente do Grupo Delta Vigo, Francisco Puga. Ao comezo do encontro, Puga entregoulle ao titular do Executivo galego un exemplar do libro publicado con motivo da Celebración do 75 Aniversario da fundación da empresa, evento no que participou presidente autonómico.

Ademais, Alfonso Rueda e Francisco Puga falaron dos plans de futuro desta compañía familiar líder no sector aeronáutico galego. Un sector que, despois do impacto causado pola pandemia, está repuntando na nosa comunidade, co Polo Aeroespacial de Galicia –impulsado polo Goberno galego– como iniciativa que busca converter a rexión  nun referente tecnolóxico e industrial no uso de vehículos non tripulados. Actualmente ten en execución 87,14 M€ e aspira poder mobilizar un total de 540 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/12/2024