Medio Rural pon en valor as iniciativas que transmiten á cativada a importancia da alimentación saudable e do coidado do medio ambiente
Lugo, 13 de decembro de 2024
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na presentación do libro Ecoralia, a lambona ecolóxica de Paco Cerdeira “Pakolas” e Laura Romero no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, que conta co apoio do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
O director destacou iniciativas coma esta, dirixida a menores de ata 12 anos, xa que contribúen á formación, educación e sensibilización no eido da alimentación saudable e o coidado do medio ambiente entre os cativos, que serán os próximos consumidores. De feito, á presentación deste libro asistiron estudantes de educación primaria de diferentes centros educativos de Lugo e distribuirase por todas a bibliotecas galegas.