A Xunta inviste 18.000 euros na instalación dunha pista multideporte desmontable en Ortigueira
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou estes días o resultado dos traballos financiados integramente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Trátase dun campo de fútbol modular con porterías integradas e portas laterais para facilitar o acceso ao recinto aos máis pequenos
Ortigueira, 23 de decembro de 2024
A Xunta de Galicia financia con 18.000 euros a instalación dun pista multideporte desmontable en Ortigueira. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde, Valentín Calvín, visitaron estes días o resultado dos traballos que foron financiados integramente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
En virtude dun convenio entre a Administración autonómica e o Concello de Ortigueira procedeuse ao subministro e instalación dun campo de fútbol modular de 16,5 metros de longo por 10 metros de ancho con porterías integradas e portas laterais que facilitará o acceso ao recinto aos máis pequenos.
A instalación, situada na alameda de Ortigueira, próxima á zona portuaria, é desmontable co obxectivo de facilitar o seu traslado a outras localizacións e facilitar o desenvolvemento de diferentes actividades.
A delegada territorial destacou a importancia da colaboración en administracións para “afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva” e manifestou de novo o compromiso do Executivo galego co fomento de deporte base.