A Xunta apoia o programa Emprende Xove Minimarket 2025 organizado pola Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta da Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra, Alma Yadira Tenreiro. Na xornada, concretouse a implicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no programa Emprende Xove Minimarket 2025, que se desenvolverá en marzo en Ferrol, co obxectivo de promover novas iniciativas empresariais. 

Durante o encontro, tamén abordouse o convenio que asinarán a Xunta e a Asociación nos vindeiros meses, co propósito de reforzar o emprendemento entre o alumnado galego. A directora xeral subliñou a importancia da colaboración con esta entidade, destacando as actuacións que buscan impulsar os viveiros de empresas na zona. Ademais, tamén valorou o papel esencial da organización no asesoramento e na procura de financiamento para proxectos empresariais emerxentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/01/2025