Arias destaca o Xeoparque Montañas do Courel como referente dun modelo turístico sostible “que sorprende aos visitantes en calquera época do ano”

O delegado territorial da Xunta participou en Fitur no acto promocional organizado polo órgano xestor deste espazo, que se desenvolveu no expositor da Rede Española de Xeoparques Mundiais

Madrid, 24 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Fitur na presentación da proposta Xeoparque Montañas do Courel: La fuerza de la Tierra, organizada polo órgano xestor deste espazo no expositor da Rede Española de Xeoparques Mundiais.

Arias destacou as posibilidades da zona “como referente dun modelo turístico sostible que sorprende aos visitantes en calquera época do ano”. Afirmou que “a riqueza xeolóxica e o altísimo valor natural que alberga” serven como elemento diferenciador da súa oferta turística, polo que se trata dun escenario idóneo para  potenciar o turismo  de natureza.

O delegado tamén resaltou que o Xeoparque Montañas do Courel “é un exemplo vivo da aposta pola educación ambiental”, promovendo actividades didácticas “para que as novas xeracións coñezan esta contorna e tomen conciencia da necesidade de protexela e conservala”.

Así mesmo, afirmou que a Xunta seguirá mantendo unha estreita colaboración co órgano xestor do Xeoparque para impulsar proxectos que contribúan a poñer en valor este enclave.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2025