A Xunta pon de relevo as axudas de formación a demanda do tecido produtivo entre o sector turístico e hostaleiro de Pontevedra

Vigo, 7 de febreiro de 2025

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, presentou esta mañá as axudas de formación a demanda do tecido produtivo galego impulsadas polo Goberno galego aos membros da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra (Feprotur). A directora xeral fixo fincapé no esforzo estratéxico que está a realizar a Xunta para flexibilizar ao máximo a formación para o emprego e ir da man dos diferentes sectores. O obxectivo, sinalou, é atender as súas demandas específicas de persoal e cubrir deste xeito as vacantes existentes no mercado laboral. 

Neste contexto, detallou algunhas das medidas en marcha, como a nova edición das Unidades formativas, que permiten levar ás empresas formacións adaptadas ás súas necesidades e perspectivas de crecemento, promovendo en paralelo novas oportunidades para as persoas sen traballo. Así, explicou que esta medida conta cun orzamento de 8 millóns de euros e que, como principal novidade, este ano tamén a poden solicitar asociacións empresariais ou sectoriais, como é o caso de Feprotur, o que contribuirá a seguir axustando a capacitación profesional dos galegos e galegas en situación de desemprego aos perfís profesionais que esixen as diferentes áreas económicas. Ademais, Zeltia Lado mencionou outras convocatorias como a próxima edición dos Bonos Talento Empresa, orientados a ofrecer formacións non regradas de curta duración que poden solicitar as empresas para reforzar as competencias e habilidades dos seus traballadores.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/02/2025