A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde da Baña
2025-02-13
/documents/35297/1615594/250213_Vivenda_ReunionAlcldeBan%CC%83a_MAC-4.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil.
Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
A conselleira puxo de relevo a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos a través de actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Data de actualización: 13/02/2025