A Xunta reforza a súa cooperación coa Unión de silvicultores do sur de Europa a prol do monte galego

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, mantivo hoxe un encontro con representantes da Unión de Silvicultores do Sur de Europa, da que forma parte a Asociación Forestal de Galicia, que tamén contou con presenza nesta reunión.

O encontro serviu para reforzar a cooperación entre a Consellería e a Unión de Silvicultores do Sur de Europa a prol do monte galego. Neste sentido abordáronse cuestións como o estado de avance da normativa sobre asociacións de ámbito europeo, a situación sanitaria dos montes ou o desenvolvemento do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”, entre outras cuestións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/02/2025