A Xunta avanza na colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección para afondar na formación dos directivos de empresas agroalimentarias
2025-02-19
/documents/35297/1618815/20250219_Martin_APD.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo este mediodía unha reunión coa directora de desenvolvemento de negocio da zona noroeste da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), María Caramés.
Nesta xuntanza abordáronse diversas cuestións de interese para ambas entidades e analizáronse as diferentes vías de colaboración existentes co fin deseñar estratexias de traballo conxuntas para promover a formación e o networking dos directivos de empresas relacionadas co ámbito agroalimentario.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 19/02/2025