A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe co alcalde, Daniel Vega, o convenio para materializar estas obras

A Xunta colabora co Concello de Ribadeo no acondicionamento da contorna da igrexa de Santalla

Esta intervención, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, contará cun investimento total de case 80.000€, dos que o Goberno galego achegará o 70% e o Concello o 30% restante

O Goberno galego licitará este mes estes traballos para poder comezalos na primavera

Trátase da adecuación do entorno da igrexa de Santalla, que suporá a mellora da organización do tráfico especialmente nos días de celebracións relixiosas

Tamén se habilitará unha zona verde que inclúe a plantación de árbores autóctonas

Allegue subliñou o compromiso da Xunta para revitalizar o conxunto histórico de Ribadeo, tras a declaración de Área Rexurbe e a recente sinatura do centro Rexurbe

Lembrou que ata outubro está aberto o prazo de solicitude de axudas para mercar unha vivenda, podendo acadar os 15.000€ en centros históricos como o deste municipio

Recordou que os menores de 36 anos poden dispoñer de axudas de 10.800€ para mercar un inmoble en concellos de menos de 10.000 habitantes, como este de Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 21 de febreiro de 2025

A Xunta colabora co Concello de Ribadeo no acondicionamento da contorna da igrexa de Santalla.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, o convenio para materializar estas obras. Na visita tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.

Esta intervención, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, contará cun investimento total de case 80.000€, dos que o Goberno galego achegará o 70%, é dicir, preto de 56.000€, e o Concello, aportará o financiamento restante.

Os traballos, que executará a Xunta, licitaranse este mes para poder comezar na primavera e terán un prazo de 4 meses aproximadamente.

Trátase da adecuación do entorno da igrexa parroquial de Santalla co fin de facilitar o acceso e mellorar a comodidade da veciñanza.

Esta actuación mellorará a organización do tráfico, especialmente nos días de celebracións relixiosas. Tamén se habilitará unha zona verde que inclúe a plantación de especies arbóreas autóctonas.

Ademais Allegue subliñou o compromiso para revitalizar o conxunto histórico de Ribadeo, tras a declaración de Área Rexurbe e a recente sinatura do centro Rexurbe.

Lembrou que ata outubro está aberto o prazo de presentación de solicitude de axudas para adquisición dunha vivenda. Puntualizou que no caso de centros históricos como o deste municipio, o importe da axuda é de 15.000€.

Apuntou que a Xunta está a facer especial fincapé en facilitar o acceso dos mozos á vivenda, polo que no caso de Ribadeo, os menores de 36 anos poden dispoñer de axudas de 10.800€ para mercar un inmoble.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/02/2025