A Xunta pon en valor a XXXIV Festa da Androlla de Navia de Suarna como axente dinamizador social da súa contorna
2025-03-02
/documents/35297/1625685/20250302_133625_resized.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Navia de Suarna (Lugo), 2 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron esta mañá á XXXIV edición da Festa da Androlla da localidade lucense de Navia de Suarna.
Durante o seu percorrido polo evento, María José Gómez, puxo en valor este tipo de celebracións, que contribúen a enxalzar a gastronomía e os produtos tradicionais galegos, así como dinamizar social e economicamente as contornas rurais nas que se celebran.
Data de actualización: 02/03/2025