Arias e o alcalde de Carballedo analizan asuntos de interese municipal nos que colaboran Xunta e Concello

Lugo, 28 de febreiro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, para tratar diferentes asuntos de interese municipal que competen a ambas administracións.

Entre as colaboracións máis destacadas figura a achega de 117.500 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para realizar reformas na casa do concello e no edificio multiusos, con cargo a unha nova orde de axudas dirixida a entidades locais para acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais.

Así mesmo, a través das liñas do Fondo de Compensación Ambiental do ano pasado este municipio suma 42.300 euros concedidos para executar distintas actuacións de mellora do alumeado público.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/02/2025