A Xunta e o concello de Outeiro de Rei impulsan as infraestruturas rurais e as parcelarias neste municipio lucense

Outeiro de Rei (Lugo), 28 de febreiro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.

No encontro abordáronse temas relacionados coa mellora de infraestruturas rurais neste concello e avanzouse tamén nos procesos de reestruturación parcelaria, con vistas a seguir activando a mobilización e recuperación de terras no seu termo municipal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/02/2025