A Xunta reivindica o papel das mulleres no deporte como garante dunha Galicia máis igualitaria en todos os ámbitos sociais
A Coruña, 9 de marzo de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reivindicou o papel das mulleres no deporte como unha garantía dunha Galicia máis igualitaria en todos os ámbitos da sociedade. Así o destacou esta tarde durante o partido de fútbol entre o Deportivo Abanca e o S.D. Eibar.
A directora xeral destacou que a presenza das mulleres no deporte, ao igual que no resto de facetas sociais, é imprescindible para acadar unha Galicia máis igualitaria. Deste xeito, lembrou que a Xunta de Galicia impulsa diferentes iniciativas para apoiar e impulsar o papel das mulleres nos diferentes sectores económicos e garantir a súa independencia económica e autonomía persoal.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 09/03/2025