A Xunta e Concello da Estrada avanzan na ampliación do parque empresarial de Toedo

A Estrada (Pontevedra), 19 de marzo

Xunta de Galicia e Concello da Estrada mantiveron hoxe unha reunión de traballo para avanzar na ampliación do parque empresarial de Toedo, situado neste municipio pontevedrés e que verá ampliada a súa superficie actual en 156.685 m2. máis.

A reunión enmárcase na aposta do Goberno galego por desenvolver solo industrial naqueles concellos nos que hai unha necesidade latente e onde as empresas están agardando para poder implantar as súas industrias. Neste sentido, o obxectivo do Goberno galego é axilizar o máximo posible o desenvolvemento de solo empresarial e facilitar o asentamento de novas empresas na comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/03/2025