Belén do Campo reúnese coa alcaldesa de Cambre

A Coruña, 20 de marzo de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse coa alcaldesa de Cambre, María Pan, coa que abordou diferentes temas de interese para este municipio.  A alcaldesa expuxo temas no eido educativo nos que a delegada lle trasladou a máxima colaboración entre administracións respectando as competencias correspondentes a cada unha. Ao mesmo tempo, lembroulle todos os investimentos que realizou a Xunta en Cambre nos últimos anos, incluída unha actuación prevista para este 2025 no IES Alfonso X O Sabio.

Ademais, recolleu varias consultas relativas a temas sanitarios e de mellora de infraestruturas. O encontro enmárcase no compromiso do Goberno galego de colaboración coas administracións locais para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/03/2025