A Xunta destaca o carácter integrador e inclusivo do seu sistema de protección de menores

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, estivo hoxe en Monforte de Lemos onde a Administración autonómica ten un centro de día e unha casa de familia

Monforte de Lemos (Lugo), 21 de marzo de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe o carácter integrador  e inclusivo do sistema autonómico de protección á infancia. Díxoo en Monforte de Lemos onde a Xunta de Galicia conta con dous recursos neste ámbito: un centro de día e unha casa de familia ás que destina 580.000 euros.

Jacobo Rey sinalou que Galicia dispón de máis de 80 recursos (centros, mini-residencias, etc) nos que se presta unha atención integral a nenas, nenos e adolescentes que están baixo protección e nos que conviven todos, sen importar o seu lugar de orixe.

Ademais da rede autonómica de centros de atención, a Xunta pon a disposición dos menores máis vulnerables unha serie de programas para axudalos a superar a súa situación e para que se desenvolvan de maneira satisfactoria. Entre outros, os principais son: o Mentor, para a inserción sociolaboral; o programa de tránsito á vida adulta; o de integración familiar e o programa socioeducativo de ocio e tempo libre.

Data de actualización: 21/03/2025