Ángeles Vázquez reúnese coa Unión de Consumidores de Galicia para abordar a próxima celebración do Congreso Internacional de Consumo
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López, para abordar a próxima celebración do II Congreso Internacional de Consumo.
Durante o encontro, ademais de estudiar vías de colaboración no marco da organización deste evento que se celebrará o vindeiro mes de maio, a conselleira e o representante de UCGAL abordaron outras cuestións como, por exemplo, a aposta por unha mobilidade sostible, que permita evitar a emisión de CO2 á atmosfera e seguir mellorando a calidade do aire na Comunidade.
A maiores, na reunión a conselleira puxo en valor que Galicia volva ser o punto de encontro de expertos nacionais e internacionais de diversos ámbitos relacionados co consumo para reflexionar os retos de futuro neste eido. Nesa liña, Ángeles Vázquez fixo fincapé na necesidade de concienciar á cidadanía do impacto ambiental que provocan as decisións que tomamos como consumidores e avogou por avanzar cara a un consumo máis responsable, sostible e respectuoso co medio ambiente.