A conselleira de Política Social e Igualdade mantivo unha xuntanza co alcalde deste municipio, Alfredo Dovale

Fabiola García avalía novas vías de colaboración co concello de Mañón para seguir mellorando a atención ás persoas maiores

Na xuntanza trasladou o compromiso do Executivo galego para seguir reforzando os recursos e impulsando novos programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas dependentes

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, para avaliar os recursos de atención a maiores deste concello e acordar novas vías de colaboración para seguir mellorando a súa atención.

Fabiola García fixo fincapé na importancia de impulsar novos programas de envellecemento activo e saudable para as persoas maiores, especialmente nos concellos máis rurais de Galicia. Así mesmo, durante a xuntanza trasladou ó alcalde o compromiso da Xunta de Galicia para seguir traballando na mellora da atención ás persoas dependentes e impulsar a súa autonomía.

Así mesmo, lembrou que neste municipio a Administración económica destinou o pasado ano 25.000 euros para apoiar ás persoas dependentes que queren ser coidadas nos seus propios domicilios grazas ao Bono Coidado no Fogar. Trátase dunha achega directa de 5.000 euros a aquelas persoas que prefiren ser coidadas nos seus fogares por unha persoa da súa contorna.

Nestes sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade indicou que a Xunta de Galicia mantén unha estreira colaboración coas Administracións locais para seguir reforzando os recursos de atención a maiores e impulsando programas específicos que melloren o seu día a día.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/03/2025