A Xunta avalía a mellora de infraestruturas rurais no concello ourensán de Esgos
2025-03-29
/documents/35297/1649676/20250329_ConseReunionEsgos.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 29 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde da localidade ourensá de Esgos, Mario Rodríguez. Nesta reunión avaliaron diversas actuacións en materia de mellora de infraestruturas viarias. Este tipo de traballos son claves para xerar cohesión social e territorial nas contornas rurais, xa que incrementan de xeito significativo a calidade de vida e o traballo nestas zonas. Ademais, facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e contribúen a fixar poboación.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 29/03/2025