A Xunta adxudica preto de 88.500 m² de solo empresarial en oito polígonos industriais
Trátase de solo propiedade da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur e distribúense nun total de 21 parcelas
Os terreos están localizados nos parques empresariais de Morás, Bértoa, A Sionlla, Negreira, Silleda, A Reigosa, Cervo e As Gándaras
Os adxudicatarios están obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade nun prazo máximo de tres anos
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 88.419 m2 de solo empresarial propiedade da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur en oito polígonos industriais galegos distribuídos nun total de 21 parcelas. Estes parques teñen unha bonificación no prezo de venda das parcelas que oscila entre o 30 % e o 50 %, dependendo da localización do parque empresarial, polo que o valor total do solo adxudicado neste concurso ascendeu a preto dos sete millóns de euros.
A maioría dos terreos adxudicados atópanse na provincia da Coruña: 12 no parque de Morás (Arteixo); dúas na área empresarial de Bértoa (Carballo); unha parcela no polígono da Sionlla (Santiago); e outra no polígono empresarial de Negreira. Por outra banda, na provincia de Pontevedra adxudicouse unha parcela no parque de Silleda e outra no da Reigosa. Na provincia de Lugo hai dúas parcelas adxudicadas no polígono de Cervo e unha no parque das Gándaras.
Do total das parcelas, vinte adxudícanse en réxime de compravenda e unha en réxime de dereito de superficie. Os adxudicatarios están obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade nun prazo máximo de tres anos desde a formalización da compravenda en escritura pública; e a manter a súa actividade, como mínimo, durante 10 anos.
Sectores
En canto á provincia da Coruña, as 12 parcelas adxudicadas en Arteixo (39.942 m2) son para empresas que se dedican ao envasado e distribución de produtos químicos; á elaboración de produtos do mar; á comercialización de sistema eléctricos e á industria do aluminio. Na área empresarial de Bértoa, adxudicáronse dúas parcelas (22.598 m2) para empresas do sector da carpintería metálica e á fabricación e venda de produtos químicos. No que respecta ao parque da Sionlla, a Xunta adxudicou unha parcela (1.200 m2) a unha empresa destinada á produción de enerxía hidroeléctrica; mentres que a parcela adxudicada en Negreira (1.474 m2) é para unha firma de almacenamento de materiais de construción.
Na provincia de Pontevedra, a parcela adxudicada no parque empresarial de Silleda (7.031 m2) é para unha empresa dedicada a recuperación e reciclaxe de vehículos; e no parque da Reigosa (4.499 m2) adxudicouse outra en dereito de superficie a unha empresa dedicada á fabricación de aglomerado asfáltico.
Na provincia Lugo, adxudicáronse dúas parcelas no polígono de Cervo (10.678 m2), unha delas para unha empresa dedicada ao almacenamento e fabricación de elementos metálicos; e outra para unha compañía dedicada ao estacionamento ao aire libre de vehículos. Finalmente, no polígono das Gándaras (995 m2) adxudicouse unha parcela a unha empresa especializada no comercio ao por menor de artigos de bricolaxe e mobles.
|
PARQUE |
Nº PARCELAS |
SUPERFICIE m2 |
IMPORTE (€) |
|
Negreira (A Coruña) |
1 |
1.474,00 |
102.006,00 |
|
Arteixo (A Coruña) |
12 |
39.942,00 |
4.817.209,00 |
|
Carballo (A Coruña) |
2 |
22.598,00 |
800.952,06 |
|
A Sionlla (Santiago de Compostela- A Coruña). |
1 |
1.200,00 |
168.000,00 |
|
Silleda (Pontevedra) |
1 |
7.031,69 |
311.386,00 |
|
Cervo (Lugo) |
2 |
10.678,85 |
213.400,00 |
|
As Gándaras (Lugo) |
1 |
995,00 |
63.001,99 |
|
A Reigosa (Pontecaldelas- Pontevedra) |
1 |
4.499,98 |
427.498,10 |
|
TOTAL |
21 |
88.419,52 |
6.903.453,15 |