Xosé Merelles e a alcaldesa de Teo analizan distintas actuacións de posta en valor da contorna do Camiño Portugués

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, desprazouse esta mañá ao Concello de Teo para manter un encontro coa alcaldesa deste municipio, Lucía Calvo, e analizar distintas actuacións para a posta en valor do contorno natural do Camiño Portugués ao seu paso por este concello.

O director de Turismo de Galicia e a rexedora visitaron distintos tramos que percorren os peregrinos, visitando núcleos municipais como Faramello, no contorno do Albergue de Peregrinos de Teo, pertencente á rede do xacobeo; a Carballeira de Francos e tamén o trazado polas Galanas, próximo ao lavadoiro municipal. Xosé Merelles salientou a importancia do mantemento e embelecemento destas zonas que contribúen a xerar unha experiencia dos peregrinos que optan por esta ruta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/04/2025