Villares reúnese con representantes do tecido asociativo de Burela para estudar vías de colaboración
2026-10-13
/documents/35297/2314107/AsociacionVeci%C3%B1osBurela.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Burela (Lugo), 13 de outubro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe senllas reunións coa Asociación de Veciños ‘O Vencello’ e coa Asociación da Semana Santa de Burela para coñecer as súas necesidades e estudar novas vías de colaboración.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 13/10/2026