Diego Calvo asiste en Lille, Francia, ao partido de volta da final da Eurocopa de baloncesto feminino que disputou o Baxi Ferrol
2025-04-02
/documents/35297/1659060/20250402BaxiFerrol5.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lille (Francia), 02 de abril de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ao partido de volta da final da Eurocopa de baloncesto feminino entre o Baxi Ferrol e o ESBVA-LM, que se disputou no complexo deportivo Le Palacium na localidade de Villaneuve d´Ascq, na cidade francesa de Lille.
Data de actualización: 02/04/2025